Segundo a extensión

10 comentarios comentarios

Segundo a extensión

...............

 É o primeiro a considerar na valoración da gravidade dunha queimadura. Diso dependerá a derivación a un centro especializado. As queimaduras moderadas e graves deben ser atendidas nun hospital.

Regra dos 9 de Wallace: é un método que se utiliza para calcular a extensión cutánea queimada nun paciente. Consiste en dividir a superficie do corpo en áreas equivalentes ao 9% da superficie corporal total queimada (SCTQ) ou por múltiplos de 9.

Regla de wallace.PNG
Fuente: https://es.wikipedia.org/wiki/Quemadura


 
Regra do 1 (regra da palma da man): é un instrumento de valoración rápida para calcular o % de SCTQ. Tómase como referencia a palma da man do paciente (dedos xuntos e estendidos), a superficie que se puiden cubrir desta maneira é o 1% de SCTQ do paciente. É útil para superficies pequenas e como ferramenta complementaria da regra de Wallace.
Regla de la palma mano.PNG
 
Táboa de Land & Browder: nos nenos van variando as proporcións do % de SCTQ das súas distintas zonas anatómicas durante o seu crecemento, sendo a cabeza moito maior e os membros moito máis pequenos.
Tabla de Land- Brow galego.JPG 
 
  
Dunha maneira máis práctica para valorar a extensión dunha queimadura nos nenos se asume que a extensión porcentual da cabeza en menores de 10 anos é 18 % menos a idade e a dos membros inferiores é 27 % máis a idade.
 

Extensión porcentual.PNG

Fonte propia do CHUAC
                                                               Nenos/as menores de 10 anos

                                                     Cabeza= 18%-idade
                                                                    MMII= 27%+ idade

ANOS 
Clasificación da extensión da American Burn Asociation, adaptada
DE 1 

 CLASIFICACIÓN DA EXTENSIÓN DA AMERICAN BURN ASSOCIATION (ABA), ADAPTADA(1)


Queimadura menor

  • Queimadura de segundo grao, menos do 15 % de SCQ en persoas adultas ou menos do 10 % de SCQ en nenos e nenas.
  • Queimadura de terceiro grao inferior ao 2 % de SCTQ sen afectar áreas especiais (ollos, oídos, cara, pés, perineo e articulacións).
  • Exclúe lesións eléctricas, por inhalación, traumatismos concorrentes e pacientes con elevado risco.

Queimadura moderada non complicada

  • Queimadura de segundo grao de 15 a 25 % de SCQ en persoas adultas ou 10 a 20 % en nenos e nenas.
  • Queimadura de terceiro grao inferior ao 10 % de SCQ que non afecta a zonas de especial atención.
  • Exclúe lesións eléctricas, por inhalación, traumatismos concorrentes e pacientes con elevado risco.

Queimadura grave

  • Queimaduras de segundo grao superiores ao 25 % de SCQ en persoas adultas ou 20 % en
  • nenos e nenas.
  • Queimaduras de terceiro grao superiores ou iguais ao 10 % de SCQ.
  • Queimaduras que afectan ollos, oídos, cara, pés, perineo e articulacións.
  • Queimaduras eléctricas.
  • Queimaduras químicas en áreas de risco.
  • Todas as lesións inhalatorias.
  • Queimaduras con traumatismos.
  • Queimaduras en embarazadas.
  • Queimaduras en persoas de alto risco: diabetes, enfermidade pulmonar, enfermidades
  • cardiovasculares, inmunodepresoras, cancro, sida, etc.

Comentarios:
  • avatar mario dixo:
    mércores, 15 de abril 2026 ás 23:46
    viva tseas
  • avatar alvaro ruiz mula dixo:
    mércores, 15 de abril 2026 ás 23:46
    soy gay
  • avatar antonio dixo:
    mércores, 15 de abril 2026 ás 17:45
    hola guarras
  • avatar yuri dixo:
    mércores, 15 de abril 2026 ás 17:45
    me gusta el miembro masculino
  • avatar yuri dixo:
    mércores, 15 de abril 2026 ás 17:38
    muy mala informacion
  • avatar IRI dixo:
    martes, 22 de marzo 2022 ás 16:59
    BUENA INFORMACION
  • avatar arledis canoles dixo:
    luns, 19 de outubro 2020 ás 22:44

    Excelente ayuda muy agradecida con ustedes

     

     Gracias por compartir sus impresiones

  • avatar Tere dixo:
    sábado, 26 de setembro 2020 ás 00:11
    Buena información. Gracias
  • avatar g dixo:
    venres, 7 de agosto 2020 ás 10:25
    Súper completo gracias.
  • avatar ana dixo:
    mércores, 22 de abril 2020 ás 01:05
    buena informacion
Publica o teu comentario
  • Contido bloqueado porque non se aceptaron as cookies de reCAPTCHA.
    Aceptar cookies de reCAPTCHA ou xestionar as cookies aquí
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde