Imaxe fondo cabeceira
Sesión formativa a Referentes en feridas na Cámara Hiperbárica do Hospital Naval de Ferrol dos Referentes

​​​​​​​No marco das actividades formativas do Programa Úlceras Fóra, o pasado 18 de setembro de 2026 realizouse unha visita á Unidade de Medicina Hiperbárica do Hospital Naval de Ferrol, dirixida ao grupo de profesionais referentes en feridas das distintas áreas sanitarias de Galicia. 

Participou na visita a Subdirectora xeral de Integración Asistencial e Innovación, Alicia Piñeiro, acompañada por profesionais do Servizo de Integración Asistencial e Innovación, equipo responsable da coordinación do Programa Úlceras Fóra, así como por un numeroso grupo de referentes en feridas procedentes de todas as áreas sanitarias de Galicia.​

  • Conferencias maxistrais e Relatorios

    Conferencias maxistrais e Relatorios

    Este espazo está adicado á difusión de coñecementos de alto nivel no ámbito da ciencia aplicada ao estudo e tratamento das feridas.

    As conferencias maxistrais reúnen a expertos nacionais e internacionais que, mediante exposicións rigorosas e actualizadas, contribúen ao avance do coñecemento, a práctica clínica e a investigación interdisciplinaria. O seu propósito é fomentar o intercambio académico, promover a excelencia profesional e fortalecer o compromiso coa mellora continua no coidado das feridas.

  • Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia

    Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia

     Este manual publicado polo Servizo Galego de Saúde está enmarcado dentro das accións do Programa Úlceras Fóra.


     O Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia pretende ser unha ferramenta de axuda para todas aquelas persoas que día a día afrontan a tarefa de coidar a unha persoa en situación de dependencia.  

    Neste senso desde o Programa ÚLceras Fóra consideramos as/os coidadoras/es  como o piar fundamental no coidado xeral das persoas dependente e mais concretamente na prevención todas as lesións cutáneas relacionadas con esta situación. 

    Este manual está baseado na actual evidencia científica en coidados recollida polo grupo de autoras e estará en continua actualización si a evidencia así o indicara. 

    Foi elaborado por un grupo de Referentes en feridas do Servizo Galego de Saúde. Sendo as autoras Mónica Rodríguez Castañe, Mª Ángeles Mera Cores e Ana Isabel Calvo Pérez e o revisor de contidos Luis Arantón Areosa

    Diseño gráfico : Andrea Rodríguez
    Ilustracións : Camilo Rey
     
    ​

Últimas publicacións
  • Sesión formativa a Referentes en feridas na Cámara Hiperbárica do Hospital Naval de Ferrol dos Referentes

    ​​​​​​​No marco das actividades formativas do Programa Úlceras Fóra, o pasado 18 de setembro de 2026 realizouse unha visita á Unidade de Medicina Hiperbárica do Hospital Naval de Ferrol, dirixida ao grupo de profesionais referentes en feridas das distintas áreas sanitarias de Galicia. 

    Participou na visita a Subdirectora xeral de Integración Asistencial e Innovación, Alicia Piñeiro, acompañada por profesionais do Servizo de Integración Asistencial e Innovación, equipo responsable da coordinación do Programa Úlceras Fóra, así como por un numeroso grupo de referentes en feridas procedentes de todas as áreas sanitarias de Galicia.​

  • O reto da fotoprotección no verán: unha mirada desde a Enfermería Dermatolóxica
    Dentro do marco  de actividades do XVIII Congreso Internacional de Enfermería Dermatolóxica, Dermocosmética e Feridas organizado por ANEDIDIC  foi  programada unha actividade comunitaria destinada á cidadanía de Álcala de Henares no Centro de saúde a Garena. 

    A actividad estivo condicida por Elsa Trillo Carlín experta en enfermería dermatolóxica, sendo acompañada por Carmen Vidal e Ana Calvo  todas elas referentes do Programa Úlceras Fóra, xunto Carmen Ferrer Arnedo enfermeira lider no ámbito da xestión no ámbito nacional. 
     
    As expertas inciden na necesidade de abordar a protección solar desde unha visión integral individualizada e constante. Descobre as claves para protexerche e transmitir á poboación as claves para hecerlo bsandote na actual evidencia.


  • Sociedad Gallega de Heridas
    VII Congreso da Sociedade Galega de Feridas

     11 e 12 de setembro de 2026, Vigo
    ​
  • Xogos

    Xogos

    Pon a proba os teus coñecementos en feridas.

    Gamifícate connosco!!

    e poderás saber cal é o teu <<ranking>>

    ​​​​​
  • Grupo referentes en feridas do Sergas

    Grupo referentes en feridas do Sergas


    ​​​​​Trátase dun equipo multidisciplinar integrado por 237 profesionais sanitarios, enfermeiras/os e médicos/as de diferentes especialidades. Pertencentes a todas as Áreas Sanitarias do Servizo Galego de Saúde.


    Todos eles están formados e acreditados, por profesionais de prestixio nacional e internacional e teñen como principal obxectivo a transferencia do coñecemento relacionado co deterioro da integrigade cutánea ao resto de profesionais e mesmo a pacientes e coidades.

    ​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde