É o primeiro a considerar na valoración da gravidade dunha queimadura. Diso dependerá a derivación a un centro especializado. As queimaduras moderadas e graves deben ser atendidas nun hospital.
Regra dos 9 de Wallace: é un método que se utiliza para calcular a extensión cutánea queimada nun paciente. Consiste en dividir a superficie do corpo en áreas equivalentes ao 9% da superficie corporal total queimada (SCTQ) ou por múltiplos de 9.

Fuente: https://es.wikipedia.org/wiki/Quemadura
Regra do 1 (regra da palma da man): é un instrumento de valoración rápida para calcular o % de SCTQ. Tómase como referencia a palma da man do paciente (dedos xuntos e estendidos), a superficie que se puiden cubrir desta maneira é o 1% de SCTQ do paciente. É útil para superficies pequenas e como ferramenta complementaria da regra de Wallace.
Táboa de Land & Browder: nos nenos van variando as proporcións do % de SCTQ das súas distintas zonas anatómicas durante o seu crecemento, sendo a cabeza moito maior e os membros moito máis pequenos.
Dunha maneira máis práctica para valorar a extensión dunha queimadura nos nenos se asume que a extensión porcentual da cabeza en menores de 10 anos é 18 % menos a idade e a dos membros inferiores é 27 % máis a idade.
Fonte propia do CHUAC
Nenos/as menores de 10 anos
Cabeza= 18%-idade
MMII= 27%+ idade
ANOS Clasificación da extensión da American Burn Asociation, adaptada
DE 1
CLASIFICACIÓN DA EXTENSIÓN DA AMERICAN BURN ASSOCIATION (ABA), ADAPTADA(1)
Queimadura menor
- Queimadura de segundo grao, menos do 15 % de SCQ en persoas adultas ou menos do 10 % de SCQ en nenos e nenas.
- Queimadura de terceiro grao inferior ao 2 % de SCTQ sen afectar áreas especiais (ollos, oídos, cara, pés, perineo e articulacións).
- Exclúe lesións eléctricas, por inhalación, traumatismos concorrentes e pacientes con elevado risco.
Queimadura moderada non complicada
- Queimadura de segundo grao de 15 a 25 % de SCQ en persoas adultas ou 10 a 20 % en nenos e nenas.
- Queimadura de terceiro grao inferior ao 10 % de SCQ que non afecta a zonas de especial atención.
- Exclúe lesións eléctricas, por inhalación, traumatismos concorrentes e pacientes con elevado risco.
Queimadura grave
- Queimaduras de segundo grao superiores ao 25 % de SCQ en persoas adultas ou 20 % en
- nenos e nenas.
- Queimaduras de terceiro grao superiores ou iguais ao 10 % de SCQ.
- Queimaduras que afectan ollos, oídos, cara, pés, perineo e articulacións.
- Queimaduras eléctricas.
- Queimaduras químicas en áreas de risco.
- Todas as lesións inhalatorias.
- Queimaduras con traumatismos.
- Queimaduras en embarazadas.
- Queimaduras en persoas de alto risco: diabetes, enfermidade pulmonar, enfermidades
- cardiovasculares, inmunodepresoras, cancro, sida, etc.