O máis visto

  • Imaxe contido

    Catálogo de produtos para cura en ambiente húmido do Servizo Galego de Saúde

    Neste apartado ponse á disposición de tódolos profesionais o Catálogo de produtos sanitarios destinado á prevención, limpeza e tratamento das feridas, baseado na cura en ambiente húmido, con destino a tódalas Áreas Sanitarias do Servizo Galego de Saúde publicado no 2022.


    ​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​ Fai clic nas imaxes e poderás ampliar a información de cada un dos produtos!
  • Imaxe contido

    Escalas de valoración

    A través deste apartado poderase ter acceso a diferentes ferramentas de valoración de risco, rexistros, clasificións etc.
  • Imaxe contido

    Procedementos

    A protocolización dos coidados responde á necesidade de dispoñer documentalmente de pautas de actuación, co fin de proporcionar unha asistencia eficaz de máxima calidade, baseada en criterios científicos, o que permitirá reducir a variabilidade asistencial.
  • Imaxe contido

    Ciclo "Webinarios Úlceras Fóra"

    O Programa Úlceras Fóra, do Servizo Galego de Saúde comparte con todas e todos vós o ciclo de seminarios virtuais sobre diferentes procedementos de actuación na prevención e coidados das feridas.
     
    Este ciclo busca dar apoio a todos os profesionais involucrados nos coidados das feridas. Todas as charlas están impartidas por Referentes en feridas do Sergas, un equipo integrado por enfermeiras/os e médicas/os, todos eles profesionais con grande experiencia na materia.

    Síguenos en directo ou en diferido 
    dende o canal de You tube de ACIS!!!!
     
    Conéctate connosco as 4 e media nas tardes webinarias!!!!!! 
     
  • Imaxe contido

    IV Congreso de Cicatrización de Feridas (AIACH)

    A Asociación Interdisciplinaria Arxentina de Cicatrización de Feridas (AIACH) constituíuse na Cidade de Buenos Aires, no ano 2014, como unha Asociación Civil de ben público e sen fins de lucro.
    Os seus principais propósitos como entidade científica son: Contribuír ao progreso e ao estudo da Cicatrización de Feridas, propiciar e publicar traballos de interese científico a través da súa revista de aparición periódica «Cicatriz-AR» e contribuír á formación de recursos humanos na especialidade e a educación permanente dos seus asociados.
1 de 9
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde