Ciclo "Webinarios Úlceras Fóra"

O Programa Úlceras Fóra, do Servizo Galego de Saúde pon en marcha un ciclo de seminarios virtuais sobre diferentes procedementos de actuación na prevención e coidados das feridas.
 
Este novo ciclo está composto por unha serie de charlas divulgativas que ao longo de todo o ano 2021 buscan dar apoio a todos os profesionais involucrados nos coidados das feridas.
 
Todas as charlas están impartidas por Referentes en feridas do Sergas, un equipo integrado por enfermeiras/os e médicas/os, todos eles profesionais con grande experiencia na materia.

Síguenos en directo dende o canal de You tube de ACIS, fai click na imaxe!!!!
 
Conéctate connosco as 4 e media da tarde nos mércores webinarios!!!!!! 
 

   

 
Síguenos nos vindeiros webinarios
“Programa Úlceras Fóra”
DATA 26/05/21 09/06/21
TÍTULO Procedimento ITB e Sistema de compresión Valoración inicial ante unha ferida
POÑENTE Carmen Vidal Portela M.ª Luz Leirós Domínguez
 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio