Recursos formativos

  • Imaxe contido

    MANUAL DE COIDADOS E PREVENCIÓN DE LESIÓNS CUTÁNEAS RELACIONADAS COA DEPENDENCIA

     Este manual publicado polo Servizo Galego de Saúde está enmarcado dentro das accións do Programa Úlceras Fóra.


     O Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia pretende ser unha ferramenta de axuda para todas aquelas persoas que día a día afrontan a tarefa de coidar a unha persoa en situación de dependencia.  

    Neste senso desde o Programa ÚLceras Fóra consideramos as/os coidadoras/es  como o piar fundamental no coidado xeral das persoas dependente e mais concretamente na prevención todas as lesións cutáneas relacionadas con esta situación. 

    Este manual está baseado na actual evidencia científica en coidados recollida polo grupo de autoras e estará en continua actualización si a evidencia así o indicara. 

    Foi elaborado por un grupo de Referentes en feridas do Servizo Galego de Saúde. Sendo as autoras Mónica Rodríguez Castañe, Mª Ángeles Mera Cores e Ana Isabel Calvo Pérez e o revisor de contidos Luis Arantón Areosa

    Diseño gráfico : Andrea Rodríguez
    Ilustracións : Camilo Rey
     

  • Imaxe contido

    Ciclo "Webinarios Úlceras Fóra"

    O Programa Úlceras Fóra, do Servizo Galego de Saúde comparte con todas e todos vós o ciclo de seminarios virtuais sobre diferentes procedementos de actuación na prevención e coidados das feridas.
     
    Este ciclo busca dar apoio a todos os profesionais involucrados nos coidados das feridas. Todas as charlas están impartidas por Referentes en feridas do Sergas, un equipo integrado por enfermeiras/os e médicas/os, todos eles profesionais con grande experiencia na materia.

    Síguenos en directo ou en diferido 
    dende o canal de You tube de ACIS!!!!
     
    Conéctate connosco as 4 e media nas tardes webinarias!!!!!! 
     
  • Imaxe contido

    Xogos

    Pon  a proba os teus coñecementos.
  • Imaxe contido

    Vídeos

    Vídeos formativos de distintos procedementos
1 de 2
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde