Procedemento. Cura dehiscencia cirúrxica con terapia de baleiro

0 comentarios comentarios

Procedemento. Cura dehiscencia cirúrxica con terapia de baleiro

A dehiscencia é a separación dos planos anatómicos previamente suturados dunha ferida. Caracterizada polos seguintes signos e síntomas: sangrado, dor, edema, eritema, febre, rotura da sutura con separación dos bordes.

Neste tipo de feridas o tratamento con terapia de presión negativa ten demostrado resultados clínicos excelentes: mellorando as taxas de cicatrización, reducindo o edema, preparando o leito da ferida para o peche, potenciando a formación de tecido de granulación, eliminando o material infeccioso, diminuíndo o tempo de hospitalización e reducindo a mortalidade de pacientes nos casos de mediastinite e feridas abdominais.
 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde