Clasificación feridas traumáticas.G8

Clasificación feridas traumáticas.G8

CLASIFICACIÓN DAS FERIDAS TRAUMÁTICAS

A maioría das clasificacións de feridas traumáticas son meramente descritivas (dirección, forma
ou axente produtor) e pouco útiles para a decisión terapéutica. Para esta guía tomáronse
aquelas clasificacións que axudan o profesional a decidir o tratamento que debe realizar, polo
que se seguen os criterios de aspecto macroscópico, complexidade, profundidade e relación
coas cavidades corporais.

Aspecto macroscópico
Limpas: toda ferida non infectada, con menos de 6 horas de evolución (salvo en rexións
específicas como a cara, onde o período pode aumentar a 12 horas), con fondo sanguento, inexistencia de corpos estraños e/ou necrose.
Sucias: calquera ferida onde existan corpos estraños, tecidos desvitalizados ou que leven máis de 6 horas de evolución.
Grao de complexidade
Complexas: afectan a estruturas internas (tendóns, nervios, arterias etc.).
Simples: o resto das feridas.
Profundidade
Superficiais: afectan a pel e o tecido celular subcutáneo (laceracións).
Profundas: afectan máis alá do tecido celular subcutáneo.
Relación con cavidades corporais
Son feridas penetrantes que poden provocar lesións de órganos internos e que poden
comprometer a vida do paciente (hemorraxia, pneumotórax etc.).

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde