Fundacion Piel Sa da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía

Fundacion Piel Sa da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía

A Fundación Pel Sa AEDV é unha organización sen ánimo de lucro que nace no ano 2007 impulsada pola Academia Española de Dermatoloxía (AEDV), que é a sociedade médica á que pertencen a práctica totalidade de dermatólogos do noso país. O sentido que ten a existencia da Fundación é o de realizar e apoiar accións que promovan melloras na saúde da pel da poboación, xa sexa mediante a xeración e difusión do coñecemento sobre a prevención, o diagnóstico ou o tratamento das súas enfermidades e da mellor conservación da súa saúde, ou mediante a realización de accións concretas nestes sentidos. Na actualidade, a Fundación Pel sa conta con máis de 2300 membros, entre dermatólogos e outros profesionais sanitarios.

                

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde