Escala de Braden-Bergstrom para a predicción do risco de úlceras por presión

Escala de Braden-Bergstrom para a predicción do risco de úlceras por presión

Esta escala foi a elixida polo Servizo Galego de Saúde e recollida na Guía práctica de úlceras por presión. Guía nº 1  da Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde do programa Úlceras Fóra, para utilizar como ferramenta da valoración do risco de aparición de UPP en pacientes adultos (por riba de 14 anos), sendo a preferida pola comunidade científica.
​​
ESCALA DE BRADEN-BERGSTROM PARA A PREDICIÓN DO RISCO DE ÚLCERAS POR PRESIÓN Escala para adultos publicada en 1987 por Braden e Bergstom. É a escala que conta con máis estudos de validación un total de 37 e en diferentes niveis asistenciais. 

Segundo estes traballos, a sensibilidade media sitúase no 74 %, a especificidade no 69 %, o valor preditivo positivo no 43 % e o negativo no 90 %. É fácil de usar e presenta conceptos claros e definidos. O esquema conceptual inclúe os principais factores que interveñen no desenvolvemento dunha UPP. Os tres primeiros factores relaciónanse con aspectos de intensidade e duración da presión: mobilidade, actividade, percepción sensorial; mentres que os outros están relacionados coa tolerancia dos tecidos, describindo factores extrínsecos (humidade, fricción e cizalla) e factores intrínsecos (nutrición, idade, baixa presión arteriolar, baixa presión de osíxeno). 


A partir deste esquema, as autoras da escala describen seis ítems: percepción sensorial, exposición á humidade, actividade física, mobilidade, nutrición, rozamento e perigo de lesións cutáneas; cunha definición clara do que se debe interpretar en cada un deles.

 Rango de puntuación entre 6 e 23. 
• Risco baixo: rango de 15-16 se o paciente é menor de 75 anos; rango de 15-18 se o paciente es maior ou igual a 75 anos.
• Risco moderado: rango de 13-14.
• Riesgo alto: valores < de 12


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde