Morfoloxía das úlceras da EEII

0 comentarios comentarios

Morfoloxía das úlceras da EEII

...........

É importante avaliar as diversas variables da morfoloxía da úlcera tanto no ámbito descritivo como para un seguimento clínico correcto da súa evolución. Así, en función do grao de afectación tisular debemos diferenciar:

Profundidade:
Depende do grao de afectación.
Grao I: úlcera que afecta a epiderme e a derme.
Grao II: úlcera que afecta o tecido celular subcutáneo ou hipoderme.
Grao III: úlcera que afecta a fascia e o músculo.
Grao IV: úlcera que afecta o óso.
 
Estrutura tisular:
Establece a proporcionalidade entre o tecido de granulación, a fibrina e o tecido necrótico.
Grao I: base da úlcera ocupada na súa totalidade por tecido de granulación e son inexistentes o tecido necrótico e a fibrina.
Grao II: base da úlcera ocupada en máis do 50 % por tecido de granulación e en proporción inferior por fibrina. É inexistente o tecido necrótico.
Grao III: a base da úlcera presenta un tecido de granulación inferior ao 50 %, a fibrina é superior ao 50 % e é inexistente o tecido necrótico.
Grao IV: o tecido necrótico ocupa máis do 50 % da úlcera; a fibrina, menos do 50 % e é inexistente o tecido de granulación.
 
Área de extensión:
A medida da área da úlcera ten valor preditivo de curación.
Varios métodos poden ser útiles e é o estero óptico ou fotográfico o que acredita unha maior correlación coa área da lesión. Realízase unha imaxe fotográfica cuxo procesamento informático posterior é moi complexo. Por iso se recomendan outros de máis fácil aplicabilidade como o planimétrico a partir do trazado sobre acetato, aceptando unha desviación dos seus resultados en función da área da úlcera. Deben considerarse desviacións entre o 8 % e 11 % en función de que a área sexa menor ou maior, respectivamente, a 10 cm2. Para realizalo utilízanse láminas de acetato facilmente adaptables á superficie ulcerosa, cuxo contorno se debuxa cun rotulador.
De non ser posible o uso do método planimétrico, recoméndase como mínimo a medición dos eixes máximos perpendiculares da lesión.
 
Volume:
Non se recomenda o cálculo do volume da úlcera de forma sistemática.
 

 


 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde