0 comentarios comentarios

Introducción

 

O "Servizo Galego de Saúde" concede unha especial importancia á formación continuada dos seus profesionais e á educación sanitaria dos pacientes e coidadores. Para a nosa organización esta formación é un proceso de ensinanza-aprendizaxe activo e permanente destinado a actualizar e mellorar os coñecementos, habilidades e actitudes dos profesionais sanitarios, ante a evolución científica-tecnolóxica e ante as demandas e necesidades dos usuarios.

A "Estratexia SERGAS 2014" libro de ruta do Servizo Galego de Saúde estableceu como reto fundamental acadar unha asistencia máis segura, más eficiente e de mellor calidade, na que os pacientes e os cidadáns sexan o centro de todas as actuacións. Nesta liña de tarballo dende a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria puxemos en marcha o "Programa Úlceras Fóra", que ten como obxetivo acadar que o deterioro da integridade cutánea e tisular deixe de ser un dos principais problemas de saúde, social e económico. O fin concreto deste programa é establecer un marco de referencia para desenvolver e establecer as liñas da abordaxe de todo o relacionado coas úlceras e as feridas, na procura de acadar unha maior calidade de vida dos pacientes con feridas ou con risco de padecelas e dos seus coidadores.

O "Programa Úlceras Fóra" está a desenvolver un Plan de xestión do coñecemento en feridas, onde a experiencia e coñecementos dos nosos profesionais son a chave á hora de deseñar actividades, de impartir formación, de crear contidos e mesmo de xestionar recursos. Todo elo dirixido aos profesionais do Servizo Galego de Saúde, de Centros Sociosanitarios, pacientes e a coidadores os cales son os encargados de cubrir todos as necesidades básicas da población dependente e xunto cos profesionais son unha peza clave na prevención e tratamento das feridas.

Que pretende o "Programa Úlceras Fóra"?

  • Diminuír a incidencia das feridas, mellorando a calidade de vida e a seguridade dos pacientes e a calidade da asistencia prestada.
  • Establecer criterios asistenciais comúns baseados na mais actual evidencia científica (para a identificación do risco, a valoración de lesións, establecemento de medidas preventivas, de terapias, utilización de produtos, seguimento, rexistro, etc.) que posibiliten avanzar cara a redución da variabilidade clínica para este tipo de lesións.
  • Promover a interrelación entre pacientes e coidadores e co sistema sanitario.
  • Promover a integración asistencial entre profesionais.

Por qué un portal web?

  • Porque ao seu través facilitaremos o consumo de información e aseguraremos a continua actualización de todos os usuarios.
  • Porque incluír tecnoloxías innovadoras na asistencia diaria supón un punto de encontro e de intercambio de ideas entre profesionais e coa nosa sociedade.
  • Porque permitirá proporcionar información sobre prevención e coidados a coidadores e pacientes afectados ou con risco de padecer calquer tipo de feridas dun xeito áxil e doado.
  • Porque nos permitirá xestionar de forma eficiente o capital intelectual da organización e nos vai a permitir converter o coñecemento tácito (coñecemento non documentado, pero interiorizado por cada profesional) en explícito e reutilizable coa posibilidade de interactuar dun xeito dinámico.
  • Para dar apoio aos profesionais no seu traballo diario e incrementar a súa motivación, ampliando os coñecementos e habilidades en feridas, a través dos distintos formatos educativos incluídos nesta páxina.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio