Enfermería Dermatolóxica

Enfermería Dermatolóxica

Revista científica editada pola Asociación Nacional de Enfermería Dermatológica e Investigación da Deterioración da Integridade Cutánea.
 
Indexada na base de datos Cuiden, no repositorio DOAJ e DIALNET

Enfermería Dermatolóxica [Enferm Dermatol] é unha revista científica revisada por pares, de ámbito nacional e internacional, aberta a todos os profesionais de enfermería, medicina e ciencias da saúde que teñan como actividade directa ou indirecta o manexo e coidado da pel, así como a prevención e tratamento das enfermidades e lesións que a afectan.

Enfermería Dermatolóxica publicará preferentemente artigos científicos de investigación empírica, revisións bibliográficas, experiencias clínicas e artigos de opinión; así como proxectos de investigación, protocolos, reflexións críticas ou outros artigos de interese pedagóxico, científico e histórico que traten sobre a temática da revista. A periodicidade será cuadrimestral (3 números ao ano), realizándose a difusión da publicación de cada novo número unicamente por vía online (formato dixital), ao finalizar o cuadrimestre en curso.
 
A Editorial da revísta Enfermería Dermatolóxica non cobrará nin pedirá ningún tipo de pago aos autores pola revisión e/ou publicación do artigo. Permítese ao autor(es) manter os dereitos de autor sen restricións e reter os dereitos de publicación sen restricións. Os artigos publicados na revista acóllense á licenza Creative Commons de Recoñecemento- Non Comercial-Compartir Igual (BY-NC-SA). Permítese ao autor(es) o autoarquivo do artigo durante o seu acceso como avance de publicación e cando finalmente sexa publicado (post-print) pola revista.
 
O acceso aos contidos da revista será gratuíto e en aberto a través do repositorio Dialnet, a páxina Web da editorial (ANEDIDIC) e a plataforma OJS (Open Journal System) da propia revista. Previo á publicación definitiva de cada artigo aceptado, a editorial poñerá a disposición do público un acceso en formato ?avance de publicación? a través da plataforma OJS da revista.
 
Os autores que queiran enviar un artigo poderán facelo por correo electrónico a: revista.enf.dermatologica@gmail.com, incluíndo unha carta de solicitude e o formulario de envío descargable.  De forma alternativa, tamén poden subir subir o traballo a través da plataforma OJS da revista en ligazón para autores  sendo obrigado o rexistro do autor responsable e seguir as directrices de envío de artigos que alí se describen. 
 
Todos os traballos enviados á revista serán sometidos a un proceso de revisión de expertos, por método de simple cego, que determinará obxectivamente a súa aceptación ou non, en función da pertinencia e a calidade da investigación. O Proceso de revisión utilizado será o das revistas indexadas en Coiden® da Fundación Index.
 
Os contidos dos artigos desta revista reflicten a opinión e criterios propios dos autores e non son responsabilidade nin do Comité Editorial nin da Asociación ANEDIDIC, que en todo caso actuarán de intermediarios ante un posible desacordo nos contidos por algúns autores, revisores e lectores.

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde