Recursos formativos

  • Imaxe contido

    Hixiene postural para coidadores e profesionais no manexo de persoas inmobilizadas

    Este vídeo foi elaborado conxuntamente entre a Dirección Xeral de Recursos Humanos e a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.


     O seu obxectivo é amosar as posturas e movementos axeitados de cara a previr transtornos musculoesqueléticos derivados do manexo de persoas  que requiren apoio na mobilización. 

     Mostra as actuacións a seguir Aurora Vizoso García, enfermeira asistencial da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Referente en feridas do Programa Úlceras Fóra.

    As imaxes foron grabadas no hospital da Mariña (Burela), Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. 

     

  • Imaxe contido

    Ciclo "Webinarios Úlceras Fóra"

    O Programa Úlceras Fóra, do Servizo Galego de Saúde comparte con todas e todos vós o ciclo de seminarios virtuais sobre diferentes procedementos de actuación na prevención e coidados das feridas.
     
    Este ciclo busca dar apoio a todos os profesionais involucrados nos coidados das feridas. Todas as charlas están impartidas por Referentes en feridas do Sergas, un equipo integrado por enfermeiras/os e médicas/os, todos eles profesionais con grande experiencia na materia.

    Síguenos en directo ou en diferido 
    dende o canal de You tube de ACIS!!!!
     
    Conéctate connosco as 4 e media nas tardes webinarias!!!!!! 
     
  • Imaxe contido

    Xogos

    Pon  a proba os teus coñecementos.
  • Imaxe contido

    Vídeos

    Vídeos formativos de distintos procedementos
1 de 2
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde