Cidadanía

  • Imaxe contido

    ASEO DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

     A hixiene corporal é imprescindible en calqueira situación vital, polo que en situacións de dependencia esta realizase como parte  imprescindible dos coidados.


     Neste espazo poderedes ver algunhas das indicacións básicas para levar a cabo o aseo na cama dunha persoa inmobilizada, atendendo as normas de hixiene postural da persoas que realizan este aseo.

  • Imaxe contido

    Hixiene postural para coidadores e profesionais no manexo de persoas inmobilizadas

    Este vídeo foi elaborado conxuntamente entre a Dirección Xeral de Recursos Humanos e a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.


     O seu obxectivo é amosar as posturas e movementos axeitados de cara a previr transtornos musculoesqueléticos derivados do manexo de persoas  que requiren apoio na mobilización. 

     Mostra as actuacións a seguir Aurora Vizoso García, enfermeira asistencial da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Referente en feridas do Programa Úlceras Fóra.

    As imaxes foron grabadas no hospital da Mariña (Burela), Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. 

     

  • Imaxe contido

    Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia

     Este manual publicado polo Servizo Galego de Saúde está enmarcado dentro das accións do Programa Úlceras Fóra.


     O Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia pretende ser unha ferramenta de axuda para todas aquelas persoas que día a día afrontan a tarefa de coidar a unha persoa en situación de dependencia.  

    Neste senso desde o Programa ÚLceras Fóra consideramos as/os coidadoras/es  como o piar fundamental no coidado xeral das persoas dependente e mais concretamente na prevención todas as lesións cutáneas relacionadas con esta situación. 

    Este manual está baseado na actual evidencia científica en coidados recollida polo grupo de autoras e estará en continua actualización si a evidencia así o indicara. 

    Foi elaborado por un grupo de Referentes en feridas do Servizo Galego de Saúde. Sendo as autoras Mónica Rodríguez Castañe, Mª Ángeles Mera Cores e Ana Isabel Calvo Pérez e o revisor de contidos Luis Arantón Areosa

    Diseño gráfico : Andrea Rodríguez
    Ilustracións : Camilo Rey
     

1 de 2
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde