Prevención. Ferida cirúrxica aguda

0 comentarios comentarios

Prevención. Ferida cirúrxica aguda

 
CRITERIOS E DIRECTRICES XERAIS DE PREVENCIÓN

Prevención preoperatoria

Ducha preoperatoria: recoméndase realizar unha ducha polo menos a noite anterior á cirurxía (recomendación A). Non existe evidencia científica que demostre que é mellor o lavado con clorhexidina, fronte á ducha con xabón.

Rasurado da peluxe: en caso de precisalo, recoméndase rasurado da zona cirúrxica, aínda que as microabrasións que provoca, poden favorecer o crecemento microbiano. O uso de máquina eléctrica con cabezal dun só uso respecto ao uso de afeitado con coitela mellora a taxa de ISQ (recomendación A).

Preparación mecánica do intestino: non se recomenda a preparación do intestino como medida para evitar ISQ9 (recomendación A).
 
Hixiene xeral de mans: o lavado de mans antes e despois do contacto co paciente é unha medida con beneficios indiscutibles. A hixiene das mans debe realizarse con auga e xabón Como lavarse as mans.JPGComo lavarse as mans.JPG. Se non están visiblemente sucias, pódese utilizar un xel de base alcohólica (recomendación B), Como desinfectar as mans.JPGComo desinfectar as mans.JPG.
 
Profilaxe antibiótica: débese seguir a política antibiótica establecida en cada centro sanitario (recomendación D), exponse a continuación unha táboa orientativa da profilaxe recomendada para a prevención da infección do sitio cirúrxicoProfilaxis antibiotica gal1.pdfProfilaxis antibiotica.pdf
 

Prevención durante a cirurxía

Limpeza cirúrxica das mans: é preciso descontaminar as mans, co fin de minimizar a flora microbiana presente na pel (recomendación A). Para a eliminación dos microorganismos residentes nos folículos pilosos ou gretas da pel, é preciso a utilización de cepillado cirúrxico con solucións antisépticas, polo menos tres minutos de duración Recomendacións para antisepsia cirúrxica de mans.pdfRecomendacións para antisepsia cirúrxica de mans.pdf

Uso de roupa de quirófano dun só uso ou reutilizable: a utilización de roupa cirúrxica ten como obxectivo a prevención da transmisión de microorganismos do equipo cirúrxico cara ao sitio cirúrxico, así como protexer ao profesional da exposición a sangue e fluídos (recomendación B).
 
Preparación antiséptica da pel: recoméndase o uso de clorhexidina alcohólica ao 2% para a preparación antiséptica da pel intacta (recomendación B).
 
Figura 5.JPG
Preparación do campo cirúrxico con clorhexidina alcohólica ao 2 % tinguida, en paciente con neoplasia ulcerada de mama
 

. Osixenación perioperatoria: recoméndase a administración de altas concentracións deosíxeno(recomendación B).

 
Irrigación da ferida cirúrxica: a irrigación subcutánea da ferida cirúrxica durante a operación con povidona iodada ou con soro salino a presión demostrou diminución da ISQ (recomendación A).
 
 Prevención postoperatoria
 
Cambio de vendaxe: recoméndase a realización de vendaxe aséptica aínda que non se dispón de evidencia estatisticamente significativa, que demostre que a técnica de vendaxe aséptica é máis útil que a realización doutras vendaxes (recomendación D)
 
Limpeza postoperatoria: o uso de auga potable é eficaz na limpeza de feridas agudas e máis barato que outras solucións limpadoras (recomendación A). Cando a técnica empregada é a cura tradicional, recoméndase o lavado da ferida cirúrxica con soro salino estéril nas primeiras 48 horas (recomendación D).

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde