A maioría das feridas cirúrxicas agudas presenta unha cicatrización rápida e sen complicacións. Determinados factores predispoñentes do enfermo ou do tipo de cirurxía poden condicionar atrasos na cicatrización, dehiscencias e infección da ferida. A proliferación de especies bacterianas no sitio cirúrxico pode dar como resultado:
- Contaminación: presenza de microorganismos na ferida que non son capaces de superar as defensas do hóspede. A presenza dos microorganismos é transitoria, e non implica atraso na cicatrización.
- Colonización: a proliferación de microorganismos ten lugar sen implicar danos ao hóspede nin desencadear unha infección.
- Colonización crítica: aparece atraso na cicatrización dunha ferida o que pode implicar un crecemento desmesurado de microorganismos aínda sen datos de infección microbiolóxicos. Trátase, polo tanto, dun estadio intermedio entre a colonización e a infección manifesta da ferida.
- Infección: os microorganismos multiplícanse, crecen e invaden os tecidos provocando lesións celulares e reaccións inmunitarias, polo que a cicatrización da ferida se interrompe.
PROLIFERACIÓN DE MICROORGANISMOS SEGUNDO O NÚMERO DE BACTERIAS
CLASIFICACIÓN DA FERIDA CIRÚRXICA SEGUNDO O GRAO DE CONTAMINACIÓN BACTERIANA
CLASIFICACIÓN DAS FERIDAS CIRÚRXICAS SEGUNDO O TIPO DE CICATRIZACIÓN
Figura 2. Peche por primeira intención (puntos de sutura)
Figura 3. tecido de granulación presente en laparotomía pechada por segunda intención
CICATRIZACIÓN DAS FERIDAS CIRÚRXICAS SEGUNDO A INTENCIÓN
TIPOS DE INFECCIÓN DO SITIO CIRÚRXICO (ISQ)