Definición. Lesións Neoplásicas

0 comentarios comentarios

Definición. Lesións Neoplásicas

.

As lesións cutáneas tumorais ou neoplásicas son aquelas causadas pola infiltración dun tumor na pel e/ou rede vascular e linfática adxacente. Estas neoplasias poden ser de orixe cutánea (primarias) ou extracutánea (secundarias, xa sexa por infiltración por contigüidade ou ben por metástase hematóxenas ou linfáticas). En sentido amplo tamén poderían incluírse aquelas orixinadas a consecuencia de tratamentos antineoplásicos (radiodermite, lesións por extravasación de axentes quimioterápicos, lesións poscirúrxicas etc.), aínda que o comportamento biolóxico destas lesións é completamente distinto.

Definimos tumor como o crecemento celular indiscriminado dun tecido ou masa, con invasión dos tecidos adxacentes, asimílase a neoplasia, benigna ou maligna.
A ulceración neoplásica é un fenómeno clínico histolóxico que no contexto do crecemento tumoral se asocia habitualmente á malignidade.
Por iso, nesta guía abordaremos as lesións cutáneas malignas que xeran unha maior repercusión no ámbito asistencial.

 

 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde