Prevención e tratamento das Úlceras Vasculares

Prevención e tratamento das Úlceras Vasculares

..

DIRETRICES XERAIS DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO

Debemos avaliar: a presenza ou non de sintomatoloxía, a exploración clínica, as comorbilidades do paciente, así como o seu grao de autonomía no fogar. Así, os pacientes anciáns poden presentar dificultades de cumprimento terapéutico nalgúns aspectos, como o uso de terapia compresiva.

O obxectivo é detectar e corrixir os factores desencadeantes para previr a aparición das úlceras como complicación da IVC, tratalas unha vez e previr a súa recorrencia.....




 

 Medidas xerais

• Control de factores desencadeantes, así como das enfermidades intercorrentes:
Consiste en fomentar as medidas de prevención da insuficiencia venosa crónica facendo énfase no:
  • mantemento dun índice de masa corporal correcto( evitando o sobrepeso e a obesidade)
  • facer exercicio regularmente
  • evitar permanecer de pé ou sentarse durante períodos de tempo prolongados
  • elevar as extremidades inferiores por encima do nivel do corazón
  • execución de exercicios que impliquen a mobilización da articulación do nocello (flexo-extensión, rotación) e a activación da bomba muscular da barriga da perna. 
Estas medidas son coadxuvantes á aplicación de terapia compresiva que supón o piar fundamental do tratamento destas lesións.

A educación sanitaria ten unha gran relevancia. O labor do profesional consiste non só en transmitir información senón en facer demostracións e posta en práctica daquelas destrezas que ha de adquirir o paciente na súa vida cotiá (exercicios adecuados, coidados a pel e anexos etc.).
 
• Tratamento das úlceras: con criterio xeral, as úlceras da extremidade inferior deben ser tratadas mediante estratexias que están en función de variables fundamentais, como son o grao histolóxico, o grao de exsudado, a infección clinicamente constatada e o estado do tecido periulceroso. O manexo da ferida segue os principios para o tratamento das feridas crónicas e os da cura en ambiente húmido, coas seguintes peculiaridades:
  • Limpeza con auga potable ou soro fisiolóxico cunha presión que permita o arrastre de residuos sen danar o tecido san.
  • Non se recomenda o uso de antisépticos como norma xeral.
 
Pódese considerar o seu uso así como o de solucións limpadoras surfactantes en situacións específicas tales como:
 
    • Antes e despois do desbridamento cortante.
    • Na pel periulceral, cando se vaia realizar unha biopsia ou aspiración percutánea.
    • Lesións con infección confirmada, sospeita de infección ou de niveis altos de colonización bacteriana.
    • Nestes casos, poderíase considerar o uso de polihexanida (polihexametilenbiguanida-PHMB 0,1 %), clorhexidina ou povidona iodada.

  •  Desbridamento segundo as condicións do leito e bordos da ferida.
​​Captura uso apositos_gal.png
  • ​Ante a sospeita de sobrecarga bacteriana ou de infección da ferida, extremarase a limpeza da ferida e do tecido periulceral pudendo utilizaranse apósitos con acción bactericida.  como son os apósitos de prata ou de cadexómero yodado entre outros, pois diminúen a carga bacteriana, e permiten se se producise o control da infección no ámbito local se se produce, sen importantes reaccións de hipersensibilidade local e/ou sistémica e sen lesión de tecidos sans. 
  • As úlceras venosas presentan con frecuencia exsudado variable. Dependendo da cantidade, utilizaranse apósitos de absorción vertical para intentar non macerar a pel periulceral, como son os apósitos multicapa, se o exsudado fose moi abundante, estarían indicados apósitos de alxinato cálcico ou superabsorventes, procurando manter un certo grao de humidade para favorecer a cicatrización.
  • Se estivese indicado, protexeríase a pel periulceral con películas barreira non irritantes ou cremas barreira 
  • Hidratación da pel perilesional (no caso de que presente deshidratación) con crema emoliente, ou crema hidratante (non perfumada) ou ácidos graxos hiperosixenados en emulsión.
  • Tratamento da dor se a houbese. Pode ser útil a aplicación tópica de solucións de mepivacaina ao 3,5 %, especialmente ao realizar as curas locais.
estratexia cicatrizacion gal2.png
​
As guías de práctica clínica apoian, cos niveis de evidencia e graos de recomendación máis altos considerados para o tratamento específico de úlcera varicosa non complicada, o seguinte:

• O tratamento de primeira elección e que reúne a máxima evidencia científica dispoñible é a terapia compresiva multicapa ou medias graduadas, e se é posible a abordaxe cirúrxica
• A utilización de apósitos non adhesivos para o manexo deste tipo de úlceras.
• Deberíase valorar a prescrición de pentoxifilina para mellorar a cicatrización das úlceras venosas. Outros fármacos como a sulodexida (30 mg/12 horas), a hidrosmina ou fracción flavonoide purificada micronizada tamén poden actuar como coadxuvantes.
• Está recomendado o uso de medias de compresión graduada polo menos ata o xeonllo para previr a recorrencia das úlceras venosas nos pacientes cuxas úlceras cicatrizaron

Captura2.JPG


Media de compresión decrecente en paciente con IVC
 
 
TERAPIA COMPRESIVA E A SÚA APLICACIÓN
 

Non se recomenda unha vendaxe simple por ser menos efectivo. Isto faise frecuentemente cunha venda de crepé, pero vai perdendo elasticidade a medida que pasan as horas; ten unha gran fatiga elástica, e debe cambiarse cada 24 horas.


Pódese distinguir entre vendaxe monocompoñente (formada por un só tipo de vendaxe) e multicompoñente (formada por varios tipos de vendaxe de diferentes características). A compresión máis eficiente realizarase con vendaxes multicapa. A máis empregada é a vendaxe multicompoñente de dúas capas.


A maior parte están formadas por unha combinación dunha venda elástica e unha venda inextensible (ou cunha extensibilidade moi baixa). En primeiro lugar, adoita colocarse un acolchado protector (por exemplo, vendaxe de algodón inextensible) e, por riba, polo menos outra capa de vendaxe elástica. Aplícanse por un período de ata sete días. Existen vendaxes multicapa que combinan dúas vendas elásticas de baixa extensibilidade.


A vendaxe inextensible non é efectiva en repouso, pero si en movemento e axúdalle á bomba muscular da barriga da perna (Bota Unna). A vendaxe elástica mantén a presión mesmo en repouso e adáptase á forma da perna. A combinación de ambos os tipos de vendaxe é efectiva para promover o retorno venoso e reducir a hiperpresión venosa.


Antes de aplicar unha vendaxe compresiva, palparanse os pulsos periféricos e determinarase o ITB. Hai que descartar procesos que o contraindiquen, aplicar un tratamento específico para a ferida e medir o perímetro do nocello: por debaixo de 18 cm está contraindicado e, de aplicarse, habería que complementar cunha venda de algodón ata estarmos seguros de sobrepasar o devandito perímetro. Existen presentacións comerciais con instrucións para a correcta colocación das vendas. A medición da circunferencia do nocello tamén permite seleccionar o talle tanto dos kits de vendaxe multicapa como das medias de compresión graduada. Previamente, debe protexerse a pel da perna con crema hidratante, emolientes (emulsións de ácidos graxos hiperoxixenados, entre outras) ou crema con óxido de cinc, dependendo da dispoñibilidade e do estado da pel.


 1.​Vendaxe de compresión bicapa farase:

  • ​​Da zona distal á proximal.
  • Comezando pola base ou raíz dos dedos.
  • Pé nun ángulo de flexión de 90 graos.
  • Músculos da perna relaxados (se é posible en posición de Trendelenburg).
  • Algúns autores recomendan que sexa en sentido de pronación desde a raíz do quinto dedo (en sentido oposto no pé varo).
  • En espiral, superpoñendo en cada volta o 50 % da volta anterior.

Actualmente, adoita usarse unha vendaxe bicapa. A presión nas vendaxes multicapa aumenta canto maior é o número de capas.

​


Captura5.PNG 
En combinación coa vendaxe multicompoñente, nas úlceras venosas sen complicacións, recoméndase un apósito primario sinxelo, de baixa adherencia, económico e aceptable para o paciente
 
2. Medias de compresión graduada
 

As medias de compresión preveñen a recorrencia das úlceras venosas, a trombose venosa profunda, reducen o linfedema e utilízanse, ademais, para o tratamento da úlcera venosa cun apósito de baixa adherencia. Non se debe esquecer que as medias de compresión aumentan moito a compresión nos dedos dos pés, de forma que canta maior presión por parte das medias, maior posibilidade de abreviar o tempo de recidiva e/ou incidencia de helomas dixitais e interdixitais.


A presión exercida no nocello polas medias permite clasificalas en:


  • Medias elásticas de compresión lixeira (18-24 mmHg).

  • Medias elásticas de compresión media (22-29 mmHg).

  • Medias elásticas de compresión forte (30-40 mmHg).

Hai diversos tipos:

  • Curtas (ata o xeonllo), enteiras ou abertas na extremidade distal.

  • Longas (abarcan a coxa).

  • Ata a cintura.

En canto ao tecido, existen principalmente dous tipos:

  • Tecido plano: o tecido tricótase en plano e despois cósese polos bordos para conseguir a prenda desexada. Permite fabricar medias e outro tipo de prendas de compresión. É de baixa elasticidade polo que o grao de compresión é menor en repouso e a súa maior eficacia conséguese co movemento.

  • Tecido circular: o tecido tricótase formando un tubo. O resultado é unha prenda elástica tanto ao ancho coma ao longo. A compresión mantense tamén en repouso.


Medidas Xerais


O grao de insuficiencia venosa determina que compresión é apropiada para o paciente.

 

           ​A ter en conta: Na isquemia crítica a compresión está contraindicada

​

  • Para o tratamento das úlceras venosas consideraranse factores como o cumprimento do paciente, a facilidade de uso e as implicacións económicas para determinar a lonxitude das medias de compresión graduada, aínda que hai que conseguir manter a presión decrecente especialmente na rexión infraxenicular.

  • A selección do talle da media require a medición do nocello e da barriga da perna á primeira hora da mañá (un momento no que o edema ortostático non estea presente na extremidade). A medición en medias longas require outros puntos de medición a nivel proximal da extremidade. No momento da medida debería estar libre de edema. Tamén se debe ter en conta a forma da perna. Tamén hai que ter en conta a forma da perna.

  • O mellor momento para poñelas é pola mañá, despois de levantarse ou no momento de retirar a vendaxe compresiva se a tivese posta. Son difíciles de poñer, existen dispositivos no mercado que facilitan a colocación.

  • Deberían de substituirse cada 6 a 12 meses. segundo recomendación do fabricante.

  • Existe unha gran variedade de tamaños e tipos de medias. Os expertos recomendan o uso daquela media que sexa mellor tolerada polo paciente.

  • A compresión reducida e as medias de compresión graduada lixeira e normal son alternativas útiles naqueles pacientes que non poden tolerar unha vendaxe multicapa ou as medias de compresión graduada forte.

  • Debido a que este tipo de lesións teñen unha porcentaxe de recidiva moi alta, se se produce a cicatrización completa da úlcera, recoméndase insistir na elevacióndos membros inferiores (especialmente despois dun longo período depé ou despois de camiñar), como nos exercicios antiéstase e o uso de medias de compresión graduada ata o xeonllo (a compresión que tolere o paciente)

  • Considérese derivar o paciente se a úlcera non se reduce en 4 semanas ou noncicatriza en 12 semanas ou se, nun período e 4 a 8 semanas, a tendencia á cicatrización for deficiente. Tamén no caso de que xurdan dúbidas sobrea súa etioloxía, se presenta un aspecto atípico, se o índice de nocello-brazo é inferior a 0,8 ou se se complica por linfedema.​

  • Finalmente, tamén estaría indicada a derivación do paciente a un cirurxián vascular naqueles casos nos que se sospeite ou se coñeza a existencia de incompetencia do sistema venoso superficial para valorar a indicación de tratamento cirúrxico.


    ​

  • Dispositivos de compresion autoaxustables con peche tipo Velcro

    So  un tipo de prendas confeccionadas con tecidos de curta extensibilidad que se colocan arredor da perna e que se adaptan a morfoloxía con peches tipo Velcro.

    Permiten establecer o rango de compresion pertinente en cada caso.

    Exerce presións baixas en repouso, polo que adoitan ser mellor toleradas. Pola contra, tendo en conta a sua rixidez, exercen presións mais altas co movemento e variacións de volume da extremidade coa activación da bomba muscular na deambulación.​

 

 ​framacoterapia UV gal.png
    

 

TRATAMENTO CIRÚRXICO


A cirurxía non so se recomenda para previr a aparición das úlceras venosas.


Os pacientes con lesións cutáneas e úlceras venosas activas ou cicatrizadas con refluxo-

incompetencia do sistema venoso superficial (SVS) (graos 4, 5 e 6 da clasificacion CEAP) son candidatos a cirurxía exerética, sempre asociada a terapia compresiva.


A cirurxía tamén preve as recorrencias no caso dos graos C5 e C6 da clasificación CEAP.


Os enxertos cutáneos poden estar indicados en úlceras non colonizadas con tecido de

granulación adecuado que non respondan ao tratamento.​

Algoritmo diag-tratamento galUV.png 
 
 

 Poderás acceder a mais información sobre o tratamento das Úlceras venosas no texto completo desta Guía práctica