Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde

Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde

Neste espazo poderánse consultar as Guías prácticas de feridas publicadas polo Servizo Galego de Saúde ​​​

​

 PRESENTACIÓN


A abordaxe do deterioro da integridade cutánea e tisular implica un problema de saúde de grande magnitude pola perda de calidade de vida das persoas que a padecen, polo impacto que ten nas súas familias e coidadoras/es, e mesmo pola carga de traballo que supoñen os seus coidados para o persoal sanitario. A isto hai que engadirlle o custo económico adicional que supón na a sustentabilidade dos sistemas sanitarios.


O Servizo Galego de Saúde é consciente da importancia e impacto asistencial que ten unha adecuada xestión na prevención e tratamento deste tipo de lesións; polo que considera prioritario continuar traballando neste eido a través do Programa Úlceras Fóra. O mencionado programa galego convertiuse no marco de referencia para desenvolver e establecer as liñas estratéxicas da abordaxe de úlceras cutáneas e feridas, e inclúe como un dos seus obxectivos esenciais o establecemento de criterios asistenciais comúns que permitan avanzar cara á redución da variabilidade clínica na atención deste tipo de lesións.


A Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde incorpora e actualiza asas últimas indicacións baseadas na evidencia científica, recollendo unha síntese das mellores prácticas preventivas e terapéuticas dispoñibles. Cada unha das guías que conforman a colección, ten como obxectivo prioritario dar apoio aos profesionais sanitarios que levan a cabo intervencións destinadas á prevención e aos coidados das úlceras e feridas.



Alfredo José Silva Tojo

Director xeral de Asistencia Sanitaria

Servizo Galego de Saúde