Centro Español para os Coidados de Saúde baseados na Evidencia

O Centro español para os coidados de saúde baseados na evidencia (CECBE) foi creado no ano 2004. Está constituído polo Instituto de Saúde Carlos III e as Comunidades Autónomas de: Andalucía, Asturias, Cáceres (provincia de Estremadura) , Cantabria, Castela A Mancha, Castela e León, Cataluña, Galicia, Illas Baleares, Illas Canarias, A Rioxa, Madrid, Navarra, País Vasco, Región de Murcia e Valencia , representados a través dun Comité Científico e un Comité de Seguimento. Sitúase na Unidade de Investigación en Coidados de Saúde (Investén-isciii).

Misión 

Impulsar, liderar e coordinar iniciativas que promovan a toma de decisións nas estruturas do Sistema Nacional de Saúde dentro do marco dos coidados de saúde baseados na evidencia para mellorar os resultados en saúde.

           

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio