0 comentarios comentarios

Etiopatoxenia. Ferida cirúrxica aguda

 
ETIOPATOXENIA. FACTORES PREDISPOÑENTES. CRITERIOS DIAGNÓSTICOS

Factores moduladores do proceso normal de cicatrización

A cicatrización é un complexo suceso de acontecementos celulares e bioquímicos. Segundo definición de Barbul e Regan, o proceso consta de tres fases sucesivas e parcialmente superpostas: fase inflamatoria, proliferativa e de remodelación.

                  Captura3.JPG
Proceso normal da cicatrización

Fonte: Modificado de Porras B.H, Mustoe T.A. Cicatrización: Conceptos actuais.
Dispoñible en: http://www.actamedicacolombiana.com/anexo/articulos/01-1992-07-.html

 

                               cuadro4.JPG

 

 
Etiopatoxenia da infección do sitio cirúrxico

 

A pel do corpo humano non é estéril, pero o noso organismo mantén unha relación equilibrada cos microorganismos da flora habitual.

A ISQ (infección do sitio cirúrxico) virá precedida da contaminación da zona cirúrxica; o risco será directamente proporcional á dose de contaminación bacteriana, á virulencia do microorganismo e inversamente proporcional á resistencia do hóspede; ou sexa, está determinada pola carga bacteriana, a virulencia do microorganismo e o estado inmunolóxico do paciente.

 
Factores predispoñentes de infección do sitio cirúrxico
 
Os factores de risco que poden favorecer o desenvolvemento de ISQ divídense en 2 tipos:
Endóxenos: son propios do paciente e difíciles de controlar no período preoperatorio.
Exóxenos (xerais), sobre os que podemos influír como sistema sanitario.
                              cuadro5.JPG
 
Criterios diagnósticos de infección do sitio cirúrxico
 
Criterios diagnósticos clínicos
Na actualidade, non existe ningún sistema válido e universal para o diagnóstico precoz da ISQ. Dada a complexidade e a subxectividade diagnóstica da ISQ, desenvolvéronse diferentes estudos para definir os criterios clínicos diagnósticos de infección.
A EWMA (European Wound Management Association) define os criterios suxestivos de infección en diferentes tipos de lesións (ferida cirúrxica aguda pechada por primeira intención, ferida cirúrxica aguda pechada por segunda intención, úlceras de pé diabético, úlceras vasculares arteriais, úlceras vasculares venosas, úlceras por presión, queimaduras primeiro e segundo grao e queimaduras de terceiro grao). Segundo este enfoque, a celulite, o mal olor, a dor, o atraso na cicatrización ou o seu empeoramento e a dehiscencia da ferida son criterios comúns a todos os tipos de feridas.
Os criterios diagnósticos para a ferida aguda da EWMA son:
                                         cuadro6.JPG
 
Os criterios que alcanzan 8 ou 9 puntos son considerados criterios diagnósticos importantes; os de puntuacións máis baixas considéranse signos de alerta de infección, importantes para unha identificación precoz.
 
Probas complementarias
A avaliación clínica inicial, establecerá a necesidade ou non de realizar probas complementarias para confirmar a sospeita de infección, para valorar a súa gravidade, ou para orientar o tratamento antibiótico se fose preciso (antibiograma).
A obtención de mostras microbiolóxicas da ferida cirúrxica pode realizarse mediante: frotis da ferida, punción-aspiración con agulla ou biopsia de tecido.
A identificación e cuantificación de microorganismos realízase mediante cultivo pero en caso de necesidade de identificación rápida podería levar a cabo un exame microscópico con tinguidura de Gram.
Segundo o consenso internacional sobre infección de ferida da WUWHS (World Union of Wound Healing Society) do 2008, non é recomendable a realización sistemática de probas microbiolóxicas.
Estaría indicada a recollida de mostra microbiolóxica en:
Ferida aguda con diagnóstico clínico de infección (se se asocia a sepse é recomendable a realización de hemocultivos, así como rastrexo doutros posibles focos de infección).
Feridas crónicas con diagnóstico de infección diseminada ou xeneralizada.
Feridas crónicas infectadas que non responderon a tratamento antibiótico adecuado ou que presentaron empeoramento.
IMPORTANTE : o estudo microbiolóxico dun paciente, sen unha valoración clínica adecuada non supón en por si, diagnóstico de ISQ.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio