Etiopatoxénese e factores predispoñentes das LESCAH

​ As LESCAH prodúcese por causa de tres importantes factores xerais que actúan deteriorando a pel e reducindo o seu efecto barreira e que á súa vez interactúan e potencian entre si:

1. Por efecto dun exceso de humidade sobre a pel (incontinencia, sudoración, solucións exógenas...)
2. Pola acción de axentes químicos irritantes (produtos cosméticos de aplicación tópica, exudados) 
3. Pola actividade derivada dun excesiva e repetida limpeza e hixiene (irritación física)

As consecuencias desta lesión cutánea son a aparición inicial dunha dermatitis e/ ou eccema con inflamación e eritema (pel íntegra) que, se non é detectada e tratada adecuadamente, poden dar lugar a lesións crónicas asociadas á humidade (pel deteriorada). Estas lesións por humidade á súa vez, requiren ser abordadas de maneira precoz e satisfactoria, xa que, como diciamos anteriormente, se se combinan con presión, poden desembocar en lesións máis profundas (úlceras por presión).

 

Doutra banda, a exposición ás diversas fontes de humidade non é causa suficiente para producir lesión na pel (dermatitis), a probabilidade de producir lesión tamén estará determinada por outros factores contribuíntes, como a exposición prolongada (duración), o volume, a cantidade, o contido, o tipo e a intensidade do irritante (sustancia que provoca a humidade), a duración do irritante, o volume e cantidade do irritante, as condicións da pel (integridade da pel), os factores mecánicos como as forzas de fricción e cizalla, a presenza de potenciais microorganismos patógenos presentes na pel, o estado de saúde do paciente, a idade, etc.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio