0 comentarios comentarios

Definición. Ferida cirúrxica aguda

A ferida cirúrxica aguda leva a disrupción da integridade cutánea, levada a cabo en ambiente de asepsia, con obxectivos terapéuticos e/ou reparadores, realizada por persoal sanitario, en actos urxentes ou programados.

Figura 1.JPG

Exemplo de ferida cirúrxica (incisión e estoma)

Defínese como infección do sitio cirúrxico (ISQ, ou SSI en inglés) a infección que ocorre durante os 30 días do postoperatorio (ou no prazo dun ano se requiriu un implante) e que lle afecta á pel ou ao tecido subcutáneo, aos tecidos brandos profundos da incisión, ou a calquera órgano ou estrutura manipulada durante a intervención.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio