1 comentarios comentarios

Definición de LESCAH

...

O termo lesión cutánea asociada á humidade (LESCAH) é un concepto xeral que inclúe na súa definición o efecto da humidade con outros axentes agresores e un efecto da mesma sobre a pel. Recentemente o termo foi obxecto dun debate de consenso para redefinir o concepto, concretar as fontes de humidade e diferenciar este tipo de lesións doutras que non o son.

O Grupo Nacional para o Estudo e Asesoramento en Úlceras Por Presión e Feridas Crónicas (GNEAUPP), no seu documento nº II; propón como definición de LESCAH: "a lesión localizada na pel (non adoita afectar a tecidos subxacentes) que se presenta como unha inflamación (eritema) e / ou erosión da mesma, causada pola exposición prolongada (continua ou case continua) a diversas fontes de humidade con potencial irritativo para a pel (por exemplo: ouriños, feces, exudado de feridas, efluentes de estomas ou fístulas, suor, saliva ou moco)".

Desta forma, podemos entender á LESCAH como: unha deterioración da integridade da pel causada pola exposición prolongada a diversas fontes de humidade, con irritación química ou física asociada, caracterizada por un tipo de dermatitis e / ou eccema con inflamación e eritema, con ou sen excoriación da epidermis e xeralmente acompañada de maceración, que se localiza principalmente a nivel de pliegues tegumentarios, en tecido perilesional e / ou periestomal, e en zona perianal ou perigenital.

 

 

Comentarios:
  • avatar Blanca Rosales dixo:
    martes, 17 de abril 2018 ás 00:19
    Muchas gracias, importante para diferenciar el diagnóstico de las otras lesiones.
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio