1 comentarios comentarios

Clasificación. Ferida cirúrxica aguda

...

A maioría das feridas cirúrxicas agudas presenta unha cicatrización rápida e sen complicacións. Determinados factores predispoñentes do enfermo ou do tipo de cirurxía poden condicionar atrasos na cicatrización, dehiscencias e infección da ferida. A proliferación de especies bacterianas no sitio cirúrxico pode dar como resultado:
  • Contaminación: presenza de microorganismos na ferida que non son capaces de superar as defensas do hóspede. A presenza dos microorganismos é transitoria, e non implica atraso na cicatrización.
  • Colonización: a proliferación de microorganismos ten lugar sen implicar danos ao hóspede nin desencadear unha infección.
  • Colonización crítica: aparece atraso na cicatrización dunha ferida o que pode implicar un crecemento desmesurado de microorganismos aínda sen datos de infección microbiolóxicos. Trátase, polo tanto, dun estadio intermedio entre a colonización e a infección manifesta da ferida.
  • Infección: os microorganismos multiplícanse, crecen e invaden os tecidos provocando lesións celulares e reaccións inmunitarias, polo que a cicatrización da ferida se interrompe.
PROLIFERACIÓN DE MICROORGANISMOS SEGUNDO O NÚMERO DE BACTERIAS
Proliferación bacteriana
 
CLASIFICACIÓN DA FERIDA CIRÚRXICA SEGUNDO O GRAO DE CONTAMINACIÓN BACTERIANA
Clasificación segundo contaminación bacteriana
 
CLASIFICACIÓN DAS FERIDAS CIRÚRXICAS SEGUNDO O TIPO DE CICATRIZACIÓN
Clasificación segundo tipo de cicatrización
Figura
Figura 2. Peche por primeira intención (puntos de sutura)
Figura 3
Figura 3. tecido de granulación presente en laparotomía pechada por segunda intención
 
 
CICATRIZACIÓN DAS FERIDAS CIRÚRXICAS SEGUNDO A INTENCIÓN
 
Cicatrización segundo a intención
TIPOS DE INFECCIÓN DO SITIO CIRÚRXICO (ISQ)
Tipos de infección do sitio cirúrxico

Comentarios:
  • avatar irasema guillén dixo:
    luns, 17 de xuño 2019 ás 18:48
    muy buena información, gracias
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio