Catálogo de produtos para cura en ambiente húmido do Servizo Galego de Saúde

Catálogo de produtos para cura en ambiente húmido do Servizo Galego de Saúde

Neste apartado ponse á disposición de tódolos profesionais o Catálogo de produtos sanitarios destinado á prevención, limpeza e tratamento das feridas, baseado na cura en ambiente húmido, con destino a tódalas Áreas Sanitarias do Servizo Galego de Saúde publicado no 2022.

O catálogo de produtos de cura en ambiente húmido do Servizo Galego de Saúde responde as necesidades dos profesionais e dos propios pacientes de dispoñer de información básica sobre as características dos produtos dispoñibles desde Servizo de Saúde, sendo por tanto  unha parte importante da información ofertada para conseguir a mellor asistencia posible a todos os niveis.