Preguntas ao webinario-Antimicrobianos: indicacións e uso da prata en feridas crónicas. Pedro Seco Bouso

Preguntas ao webinario-Antimicrobianos: indicacións e uso da prata en feridas crónicas. Pedro Seco Bouso


Bom dia Caro Pedro Seco Bouso, Após ter assistido à sua excelente apresentação, venho pedir-lhe que partilhasse a evidência que utilizou para elaborar o diapositivo que está em anexo, que diz respeito ao profilático da prata. Desde já muito obrigado. Com os melhores cumprimentos
André Vaz

1. Despois de asistir á súa excelente presentación, veño pedirlle que comparta a evidencia que utilizou para elaborar a diapositivoa que está en adxunto, que di respecto ao uso profilático da prata.
Un dos principais problemas cando abordamos o uso de antimicrobianos de prata é a escasa referencia á evidencia científica nas guías de práctica clínica.
Christina Lindholm desde Estocolmo durante un “ webcast” organizado a nivel mundial por Wounds International o 12 de setembro de 2012 afirma:
“a maior parte dos estudos realizados para avaliar a eficacia clínica dos apósitos de prata realizáronse “in vitro” a miúdo, é difícil interpretar e comparar os estudos debido a problemas asociados á potencia insuficiente do estudo, problemas de aleatorización e a gran variedade de criterios de inclusión…debido ás dificultades para comparar os estudos, non sería de estrañar que algunhas revisións sistemáticas e metaanálisis chegasen a conclusións diferentes ou non atopasen datos suficientes”.

Respecto ao uso concreto da prata como profilactico, gustaríame recorrer á conclusión dunha rigorosa revisión sistemática realizada por Marja N Storm –Versloot realizada en Amsterdam en 2011 e publicada por Chochrane ( Topical Silver for preventing wound infection) na que se conclúe: “Non hai suficiente evidencia para establecer que os apósitos que conteñen prata promovan a cicatrización da ferida ou preveñan a infección...”.

Concretando, o uso profilactico da prata é unha práctica común, pero ante a escasa evidencia científica debemos recorrer ao consenso de expertos. Neste sentido a referencia básica de todas as persoas interesadas no uso da prata é a publicación en 2012: International consensus. Appropriate use of silver dressings in wounds. An expert working group consensus. London: Wounds International, 2012.

A diapositiva, que ilustra esta pregunta, e a que vostede fai referencia sobre o uso profiláctico da prata está baseada neste documento.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde