O máis visto

  • Imaxe contido

    Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia

     Este manual publicado polo Servizo Galego de Saúde está enmarcado dentro das accións do Programa Úlceras Fóra.


     O Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia pretende ser unha ferramenta de axuda para todas aquelas persoas que día a día afrontan a tarefa de coidar a unha persoa en situación de dependencia.  

    Neste senso desde o Programa ÚLceras Fóra consideramos as/os coidadoras/es  como o piar fundamental no coidado xeral das persoas dependente e mais concretamente na prevención todas as lesións cutáneas relacionadas con esta situación. 

    Este manual está baseado na actual evidencia científica en coidados recollida polo grupo de autoras e estará en continua actualización si a evidencia así o indicara. 

    Foi elaborado por un grupo de Referentes en feridas do Servizo Galego de Saúde. Sendo as autoras Mónica Rodríguez Castañe, Mª Ángeles Mera Cores e Ana Isabel Calvo Pérez e o revisor de contidos Luis Arantón Areosa

    Diseño gráfico : Andrea Rodríguez
    Ilustracións : Camilo Rey
     

  • Imaxe contido

    ASEO DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

     A hixiene corporal é imprescindible en calqueira situación vital, polo que en situacións de dependencia esta realizase como parte  imprescindible dos coidados.


     Neste espazo poderedes ver algunhas das indicacións básicas para levar a cabo o aseo na cama dunha persoa inmobilizada, atendendo as normas de hixiene postural da persoas que realizan este aseo.

  • Imaxe contido

    Xornada Úlceras Fóra 2023: "Impulsando a excelencia nos coidados das feridas"

    ​ A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria ven de organizar unha Xornada formativa enmarcada nas actividades do Programa Úlceras Fóra na que participaron ao redor de 300 profesionais do Servizo Galego de Saúde.

      Moitas grazas a todas e todos os participantes e relatores!!!!

     Continuaremos traballando no Úlceras Fóra!!!
    ​​
  • Imaxe contido

    XVII Congreso Nacional de Enfermería Dermatolóxica, Dermatocosmética e Feridas, e 1º Simposio Iberoamericano de Coidados da Pel


     A Asociación Nacional de Enfermería Dermatolóxica e Investigación da Deterioración da Integridade Cutánea (ANEDIDIC) celebra o XVII Congreso Nacional de Enfermería Dermatolóxica, Dermatocosmética e Feridas, e 1º Simposio Iberoamericano de Coidados da Pelen Santiago de Compostela, os días 23 e 24 de maio de 2024.

     esta actividade ten como obxectivo afondar no coidado da pel, como camiño da saúde, e coa imaxe do seu cartel, preténdese evocar, como o órgano máis extenso do noso corpo (a pel), convértese nun espazo que alberga a nosa ciencia e coñecemento, a cal, dalgún modo, marca os límites do fin do camiño para a saúde tendo como meta Santiago de Compostela.

     Achégate ao congreso nesta ligazón: https://congresoanedidic2024.com/ 

6 de 8
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde