Ciclo "Webinarios Úlceras Fóra"

Ciclo "Webinarios Úlceras Fóra"

O Programa Úlceras Fóra, do Servizo Galego de Saúde comparte con todas e todos vós o ciclo de seminarios virtuais sobre diferentes procedementos de actuación na prevención e coidados das feridas.
 
Este ciclo busca dar apoio a todos os profesionais involucrados nos coidados das feridas. Todas as charlas están impartidas por Referentes en feridas do Sergas, un equipo integrado por enfermeiras/os e médicas/os, todos eles profesionais con grande experiencia na materia.

Síguenos en directo ou en diferido 
dende o canal de You tube de ACIS!!!!
 
Conéctate connosco as 4 e media nas tardes webinarias!!!!!!