Procedemento de Mobilización e Cambios Posturais

0 comentarios comentarios

Procedemento de Mobilización e Cambios Posturais

Un dos maiores riscos, nos pacientes con déficit de mobilidade, é o feito de padecer una UPP, aínda que existe unha multicausalidade é clara a relación entre a presión sobre un plano óseo durante un tempo determinado e constitúe a causa principal deste tipo de lesións, este factor pode ser corrixido, ou alomenos minimizado, se facemos una boa programación de cambios posturais para os pacientes que teñen limitación parciais ou totais para facelo en por si.
Ademais do perigo de lesións sabemos que a mobilidade dificultosa e as posicións antianatómicas apórtanlle ao paciente considerables molestias e falta de confort, así como contracturas ou atrofias musculares.

As úlceras por presión provocan unha prolongación da estancia hospitalaria e un aumento dos custos sanitarios difícil de asumir sen cuestionar que pasou, tendo en conta que “un 95% son evitables” cos coidados axeitados, mellorando notablemente a calidade de vida das persoas e familiares que as coidan.

Un dos factores intrínsecos predispoñentes das UPP é a inmobilidade polo que as accións realizadas pola enfermería na mobilización dos pacientes soan básicas para previlas; elaborando un plan de coidados que fomente e mellore a mobilidade e a actividade da persoa.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde