Autocoidados diarios na prevención do pé diabético

Autocoidados diarios na prevención do pé diabético

Autocuidados diarios na prevención do pé diabético. Unha imaxe vale mais que mil palabras

Autocuidados diarios na prevención do pé diabético. Unha imaxe vale mais que mil palabras 

Hixiene adecuada dos pés:
  • Hixiene diaria dos pies con esponxas suaves evitar o uso de cepillos e secado coidadoso, especialmente entre as dedas. Os jabóns serán ácidos.
  • No deixar os pés en remollo mais de 5 minutos (favorece á maceración entre ás dedas).
Secado dos pés:
  • Secar minuciosamente; especialmente entre as dedas, prevén a aparición do pé de atleta.
  • Non friccionar fortemente.
Vixilancia das dedas:
  • Vixiar diariamente as dedas, principalmente nas puntas ou primeiras falanxes, para evitar e controlar posibles ampolas, cortes, hematomas, grietas ou fisuras etc.
  • Esta vigxlancia debe centrarse tambén na detección do pe de atleta interdixital, que requiere o uso de antifúnxicos.
Inspección da planta:
  • Inspección diaria das plantas dos pés e dos talóns.
  • Esta inspección deberá de ser realizada por outra persona o polol propio paciente coa axuda dun espello no que se reflicte a planta do pé.
  • autoexame autoexame é fundamental para detectar cualquer cambio ou anomalía, incluso obxetos incrustados. 
Temperatura da agua do baño:
  • Comprobar a temperatura da agua antes do baño.
  • Non debe exceder dos 37ºC.
Hidratación dos pies:
  • A pel seca debe tratarse cunha adecuada hidratación con cremas hidratantes que conteñan urea ou ácido láctico.
  • Aplicar unha capa fina mediante unha lixeira masaxe na planta do pé, dorso e resto da pirna ata o xeonllo.
  • NON aplicar crema entre as dedas.
  • En caso de excesiva sudoración consultar co seu médico ou dermatólogo.
  • Non usar: pós, talco, aerosoles, desodorantes, etc.
  • Non realizar a manipulación de lesións por parte do paciente, acudir ao podólogo.
Corte de uñas:
  • As uñas demasiado longas, demasiado curtas ou mal cortadas,  poden dar problemas e provocar infeccións.
  • Utilizar tixeras de punta roma, (Non usar: tesoiras con punta, alicates de manicura, limas metálicas...).
  • Cortar despois da hixiene, cando as uñas están mais brandas.
  • Cortarlas de forma horizontal, deixando rectos os bordos. Limar as puntas cunha lima de cartón.
  • Non cortarlas demasiado; que sobresalga a lámina ungueal alomenos 1mm do pulpexo da deda.
Evitar traumatismos e roces nos pés:
  • Non camiñar cos pés descalzos. Inspección do calzado.
Quecemento dos pés:
  • Si os pés están fríos durante a noite, usar calcetíns de lá, non aplicar bolsas de auga quente ou almofadas eléctricas
 

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde