Guía práctica de lesións cutáneas neoplásicas. Guía nº4

Guía práctica de lesións cutáneas neoplásicas. Guía nº4

A abordaxe das úlceras e feridas leva implícito un problema de saúde de gran magnitude pola perda da calidade de vida nos pacientes, pola repercusión que ten nas súas familias e coidadores e tamén pola carga de traballo que supoñen os seus coidados aos profesionais sanitarios. A isto hai que engadir o sobrecusto económico que supón para a
sustentabilidade do sistema sanitario.

 O obxectivo da guía é dispoñer dunhas directrices e/ou criterios estandarizados que sirvan de referencia para identificar factores de risco de infección, realizar accións específicas de prevención, detección da infección, derivación e tratamento que supoñen as lesións e/ou úlceras cutáneas neoplásicas como problema de saúde.

 
A finalidade é contribuír ao benestar das persoas, reducir a variabilidade terapéutica e a incerteza profesional, diminuír a prevalencia e incidencia de infección; así como, conseguir unha maior optimización da xestión dos recursos humanos e económicos dispoñibles do sistema sanitario e sociosanitario de Galicia con base nas recomendacións de práctica baseada na evidencia e conseguir uns indicadores de calidade de atención de coidados e seguridade dos pacientes que permitan unha maior eficiencia do proceso entre os distintos niveis asistenciais.
 
                                     Imaxe CC.JPG                              

    Captura.AUTORES GALEGOPNG.PNG