Para clasificar as úlceras do pé diabético utilízase a escala de Wagner-Merrit,
que constitúe a base para o plan de tratamento. Segundo o grao en que se atope daranos
información sobre a gravidade, profundidade, infección e gangrena.
Conforme as lesións son de grao superior, aumenta a posibilidade de sufrir unha amputación
maior e aumenta, así mesmo, a mortalidade asociada. As principais limitacións desta escala
serían:
• Os graos 4 e 5 non son unha fase avanzada dos 1, 2 e 3.
• Non diferencia se hai ou non isquemia nos graos 1, 2 e 3, fundamental para coñecer o
prognóstico.
• Non especifica se hai infección asociada e en que grao3
.