COVID19-Úlceras por presión

COVID19-Úlceras por presión

Lembra que tes á túa disposición na Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde a Guía práctica de úlceras por presión. Guía nº 1, onde poderás revisar as directrices xerais de prevención de úlceras por presión, tamén en pacientes afectados polo COVID19.

A todos aqueles pacientes en risco de desenvolver UPP e a todos aqueles que xa padecen unha ou varias, débenselles aplicar medidas preventivas.18 A valoración do risco deberíase realizar tanto a pacientes hospitalizados, como a aqueles que están na comunidade. A frecuencia e a magnitude destas valoracións variará en función dos factores de risco.

Para os pacientes inmobilizados incluídos en programas de atención domiciliaria, hospitalizados e residentes en institucións, a valoración do risco e da pel débese rexistrar na historia clínica do paciente. Así mesmo, tamén se debe rexistrar o plan de prevención, indicando que non é aplicable cando o risco é mínimo.

Todos os profesionais involucrados no proceso do paciente deben levar un rol activo no desempeño do protocolo de prevención de UPP. Nalgúns casos, como en pacientes sometidos a coidados paliativos, os obxectivos de coidados poderán ser diferentes, e primarán aspectos como o alivio da dor e o fomento do benestar en xeral.


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde