Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde

Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde

Neste espazo poderánse consultar as Guías prácticas de feridas publicadas polo Servizo Galego de Saúde 

​Por todos é coñecido que a abordaxe das úlceras e feridas leva implícito un problema de saúde de gran magnitude pola perda da calidade de vida nos pacientes, pola repercusión que ten nas súas familias e coidadores e tamén pola carga de traballo que supoñen os seus coidados aos profesionais sanitarios. A isto hai que engadir o sobrecusto económico que supón para a sustentabilidade do sistema sanitario.

Desde o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ése consciente da importancia e  impacto asistencial dunha adecuada xestión  da prevención e tratamento deste tipo de lesións; polo que desde hai anos e de forma mais intensiva desde a Subdirección Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa a través do Servizo de Integración Asistencial, está a traballarse por mellorar a estrutura, recursos e condicións necesarias para tratar de normalizar e sistematizar a actividade asistencial derivada do devandito proceso de coidados.

O Programa Úlceras Fóra constitúese no marco de referencia para desenvolver e establecer as liñas estratéxicas na abordaxe de todo o relacionado coas úlceras e as feridas, e inclúe como un dos seus obxectivos esenciais establecer criterios asistenciais comúns (para a identificación do risco, a valoración de lesións, establecemento de medidas preventivas, de terapias, utilización de produtos, seguimento, rexistro, etc.) que posibilitase avanzar cara á unificación de criterios e a correspondente redución da variabilidade clínica para este tipo de lesións.

É por iso que a presente Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde describe o esforzo e o entusiasmo de moitos profesionais (enfermeiros e médicos) por mellorar a súa práctica clínica no coidado e abordaxe integral dos pacientes afectados por úlceras e feridas, ou con risco de padecelas, co fin de incorporar a mellor evidencia dispoñible do momento cara á consecución dunha mellora da calidade asistencial e seguridade do paciente.

 

Jorge Aboal Viñas
Director xeral de Asistencia Sanitario
Servizo Galego de Saúde